Mostrando entradas con la etiqueta Infantil. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Infantil. Mostrar todas las entradas
Hoxe en Educación Infantil fixemos unha cata de froitos de outono. Coñecemos a granada, os caquis, as noces, as améndoas, as abelás, as castañas e as uvas tintas. O caqui e as uvas gustáronnos moito. O froito que menos nos gustou foi a granada. Dos froitos secos encantáronnos as noces.
QUE BO ESTABA TODO!!
Na aula de Educación Infantil, os nenos e nenas de 3 e 4 anos traballamos moito para facer o noso mural de outono. Pintamos con pintura de dedos, ceras e rotuladores. Utilizamos esponxas e pinceis. Ademais recortamos e picamos. O que máis nos gustou foi recoller follas secas no patio. Por último, entre todos, montamos o mural.
Pasámolo xenial! Esperamos que vos guste!!!
Etiquetas:
Infantil
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


















