twitter
rss

Na aula de Educación Infantil, os nenos e nenas de 3 e 4 anos traballamos moito para facer o noso mural de outono. Pintamos con pintura de dedos, ceras e rotuladores. Utilizamos esponxas e pinceis. Ademais recortamos e picamos. O que máis nos gustou foi recoller follas secas no patio. Por último, entre todos, montamos o mural. 

Pasámolo xenial! Esperamos que vos guste!!! 











































 

 

Hoxe celebrámoslle os aniversarios a Lorena de 5º que cumpría 10 anos e a ÁLEX que cumpría 4 anos. 
Cantámoslle o cumpreanos e  degustamos as deliciosas tartas que trouxeron.
Moitas felicidades rapaces!!!!


FELICES VACACIÓNS, RAPAZADA!












A NOSA FESTIÑA DE FIN DE CURSO 2015-2016!!






AQUÍ PODEREDES VER O VÍDEO DA COREOGRAFÍA DOS MAIORES...




A CANCIÓN E BAILE DOS NOSOS PEQUENOS DINOSAURIOS

 

E A MELODÍA DE PIPPI CALZASLARGAS POR PARTE DE LORENA E LEONOR! 




A DESCANSAR E RECARGAR AS BATERÍAS, NEN@S, PASADE UN BO VERÁN!!

Fai unhas semanas os responsables do departamento de deportes do Concello invitáronnos a participar en dúas sesións de inicio á loita grecorromana.

Na primeira sesión participaron todos os nenos do cole no noso propio ximnasio...





e na segunda sesión viaxaron os maiores do centro ao colexio de Cruces, onde compartiron sesión cos alumnos de Cruces, Forcarei e Silleda. Toda unha experiencia!






 Noraboa ós nosos campeóns!


Como sabedes, dende o principio deste curso, os nenos do CEIP de Merza levamos desenvolvendo un proxecto apaixoante de PenPals coa escola Tower Hill, en Delaware, Estados Unidos. 
A través desta experiencia poidemos intercambiar cartas e fotos cos nosos novos amigos americanos. Isto serviunos para aprender moitas cousas da cultura deste país e, por suposto, tamén para mellorar a nosa competencia comunicativa en lingua inglesa. 
Pero onte ás 4:30 pm (10:30 am alí) por fin puidemos vernos "face to face", a través dunha conversación vía skype. Foi emocionante! Presentámonos, cantámoslles unha canción e fixemos un super quizz para ver canto sabían eles de nós e nós deles.
Dende agora levaremos para sempre no recordo a este grupo de rapaces e rapazas cos que, durante o curso 15/16, nos mensaxeamos e cos que, quizáis, algún día nos poidamos ver aquí ou acolá. 
O máis importante é que descubrimos que, independentemente da nacionalidade, a raza, a cor ou o idioma todos somos nenos, coas mesmas inquedanzas, con sentimentos que son transversais e universais e que nos conectan a pesares de estar a milleiros de Kilómetros de distancia.




Dende o día 1 ata o 20 de Marzo poderanse presentar solicitudes para a admisión de novo alumnado no noso centro. 

É preciso entregar este anexo cuberto:

- ANEXO II podedes descargalo dende aquí

___________________________________________

Toda a información necesaria na seguinte ORDE DE ADMISIÓN