twitter
rss


Hoxe asistimos na Biblioteca Escolar a unhas presentacións sobre 4 países da Unión Europea realizadas polos alumnos e alumnas da mestra Elena.


Cristina falounos sobre Malta...




 Pablo falounos sobre Dinamarca...



 Alberto falounos sobre Francia...


e María falounos sobre Italia...

 De fábula! Moi ben exposto! Parabens!








Hoxe, 30 de xaneiro, voltamos a celebrar (coma cada ano) 
o Día da Paz e da non violencia.




Para iso e coa axuda das nosas mestras organizámonos para                 elaborar un bonito mural conmemorativo.




Cada un dos grupos foi aportando as súas ideas e as súas propias "obras de arte" e as foron colocando no mural.


Sairon palabras ben bonitas...
que nos fan pensar no moito que precisamos vivir en Paz





E así quedou o noso mural rematado...


Feliz Día da Paz e a Non Violencia!

Hoxe, mércores día 5 de decembro, os alumnos e alumnas do Ceip de Merza achegámonos a Santiago de Compostela para asistir ao espectáculo musical do dúo burgalés Fetén Fetén:
 "O máxico planeta dos instrumentos insólitos" 




Neste concerto didáctico emprendimos unha fermosa viaxe a través da música, tratando valores tan importantes como a reciclaxe, a pobreza, a imaxinación. Ademáis trataron a importancia de coñecer as nosas tradicións, empregando algúns dos instrumentos 
máis incribles da historia da música.


Os músicos tocaban moitos instrumentos, e moi variados !

* DIEGO GALAZ (violín, violín trompeta, phonoviolín, serrucho, mandolina, sartén, gaivotas, colgante de esos, e.....sons de vacas)
* JORGE ARRIBAS (acordeón , ala de boitre, silla- flauta de camping, theremín e.....sons do mar)



O fabuloso son dun serrucho tocado con moita arte...



E outro momento "sonado" foi cando Miguel foi escollido entre o público para subir ao escenario a tocar o Theremín !!!



Despois de tanta emoción tomamos rumbo ás Cancelas para repoñer forzas e comer un pouco, para logo ir xogar un rato polo Centro Comercial e facernos unhas fotos navideñas!





Que ben o pasamos !! Ata a próxima saída!!

Tras varios días de incertidume ante a celebración do desexado Magosto por fin a pasada semana tivemos a sorte de probar as castañas deste ano....

Recén apañadas por D.Alberto e asadas por este e por D. Ramón... Un millón de grazas, estaban moi boas!!




Este ano o Samaín do noso centro estivo na máis absoluta oscuridade, polo que fotos, pouquiñas...pero moitos contos de medo!!!






Sabedes o que pasou está mañá no noso colexio?

mirade o vídeo secreto... do mannequin challenge de 5º e 6º de  Primaria!

 

 

E xa para rematar este curso 2017-2018 deixámosvos os enlaces aos Playbacks realizados na clase de música polos alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria.

Son todos uns cracks! Noraboa!!

 


Hoxe para celebrar o partido de España no mundial de Rusia os rapaces do colexio de Merza aprenderon unha canción en inglés de Carlos Jean e xogaron un partidiño ao son da música...

Por se vos apetece cantala, aquí a tedes!