Durante o curso fomos realizando varias iniciativas que levaban por obxectivo adquirir uns hábitos alimentarios saudables ( comendo froita variada) e mellorar en xeral a nosa saúde, contribuíndo a prevención da obesidade.
Como premio e polo bo traballo e compromiso coa alimentación saudable,durante toda a semana desfrutaremos e degustaremos froita nos recreos. Bo traballo rapaces!
O xoves 25 desprazámonos ata Vila de Cruces para xunto con outros coles da zona desfrutar duns xogos populares e despois fomos ata o auditorio a desfrutar dunha fabulosa actuación de Odaiko. Pasámolo Xenial!
Hoxe celebramos cumpre de Teresa ( 10 anos). Cantámoslle e celebramos con Tere o seu aniversario. Parabéns! !

O 17 de maio celebramos en Galicia o Día das Letras Galegas. Na aula de Educación Infantil estivemos a traballar desde hai un tempo para coñecer tamén un pouco da nosa cultura. Situamos Merza no mapa de Galicia, falamos da comida típica, os traxes e instrumentos tradicionais. Ademais coñecemos a Carlos Casares e a súa obra "A Galiña Azul". Aquí vos deixamos algunhas das nosas fotos.







































