twitter
rss

Os nenos e nenas de Educación Infantil conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero o venres 25 de Novembro. 

Aquí vos deixamos unhas fotos do ben que o pasamos!!!!










Hoxe 25 de Novembro celebramos no cole e Día Internacional contra a Violencia de Xénero e contra calquer tipo de violencia. Dende a aula de 4º, 5º e 6º decimos NON A VIOLENCIA!!! Fixemos varias actividades relacionadas con esta problemática que por desgraza se ve cada día máis na sociedade actual, estas foron algunhas actividades que realizamos !!! ( Charla-coloquio sobre a Violencia de Xénero, Visionado de varios vídeos sobre o tema, realización dunha pancarta contra a violencia ,...)







BO TRABALLO   !!!!!!



Hoxe os alumnos/as de 4º,5º e 6º  rematamos por fin e con moito traballo os bolos dos Minions que usaremos cando fagamos os xogos populares a modo de bolos, aquí van algunhas fotos do traballo realizado. Teño que dicir que as adornastes moi ben!!!! A seguir así!!!






Agora só nos queda enchelas de grava e area e xa temos os nosos globos personalizados pa xogar !!!!

Hoxe os alumn@s do Ceip de Merza queren amosarvos o ben que fan os bailes na aula de música e para mostra uns cantos vídeos...



Ku Tschi Tschi




El parque zoológico





El cortejo real








Danza familiar




Dende hai unhas cantas semanas viñeron ó cole para quedarse unha tempada ZIPI E ZAPE.
Entre todos participamos do seu coidado (durante a semana, os fins de semana e nas vacacións!!!!)


Estes son algúns alumn@s realizándolles os coidados básicos, na clase de 4º, 5º e 6º!!!


PABLO e TERESA (cambiándolle a comida, auga e o xornal)









Hoxe rematamos as tarxetas de facer as Tarxetas de Nadal para o Concurso do Concello de Vila de Cruces. A ver se temos sorte e nos levamos algo!!!!

                                                    Moi bo traballo rapaces!!!


                     Cando saian os gañadores do concurso subiremos todas as vosas obras!!!!

En Educación Infantil comezamos a traballar as matemáticas coa iniciación ao método ABN, caracterizado pola súa natureza, aprendendo con situacións cotiás e polo seu carácter manipulativo. 

O xogo das pinzas: traballamos a motricidade fina mentres contamos e aprendemos os números. 


As equivalencias: movémonos por toda a aula buscando materiais que completen os recipientes para que cada parella de recipientes teña a mesma cantidade. 










O xogo das boliñas 1: Enchemos os recipientes co número de boliñas que nos toca. 






O xogo das boliñas 2: Facemos series mentres traballamos as cores e a motricidade fina.