En relación coa pandemia covid-19 a Consellería de Educación propón unha serie de medidas que os centros educativos de ensino non universitario, tal é o caso do Ceip de Merza, deben adoptar. Entre elas destaca a suspensión de toda actividade lectiva para os vindeiros 14 días contados a partir do luns 16 de marzo.
Aquí vos deixo o enlace ao paquete de ditas medidas:
https://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus
De todas formas, recomendamos visitar este blogue neste periodo xa que calquera modificación que se poida producir ao respecto será colgada para matervos informados/as.
Proceso de admisión de novo alumnado para o curso 2020-2021
Do 1 ao 20 de marzo poderán solicitar praza no Ceip de Merza os alumnos e alumnas que así o desexen, presentando os seguintes documentos:
CURSO
|
PRAZAS
|
PERMANECEN
|
LIBRES
|
4º E.I.
|
3
|
0
|
3
|
5º E.I.
|
3
|
0
|
3
|
6º E.I.
|
3 |
0
|
3
|
1º E.P.
|
3
|
0
|
3
|
2º E.P.
|
4
|
1
|
3
|
3º E.P.
|
4
|
3
|
1
|
4º E.P.
|
7
|
0
|
7
|
5º E.P.
|
7
|
4
|
3
|
6º E.P.
|
6
|
3
|
3
|
O pasado venres puidemos disfrutar do Carnaval Veneciano, eso si, ao máis puro estilo de Merza.... O alumnado e o profesorado estivemos a traballar no disfrace e nas góndolas durante días; algúns nenos e nenas mesmo aprenderon a coser os botóns que levaban nos seus chalecos.
Ademais estiveron a facer un traballo de investigación sobre Venecia, como se pode apreciar na imaxe.
E menos mal que non choveu e puidemos facer o tradicional desfile ata o parque da Moa porque as nosas góndolas non estaban tan preparadas para a auga coma as venecianas!
QUE MELLOR QUE RECURRIR A UN MEDIO DE COMUNICACIÓN COÑECIDO, COMO É O XORNAL, PARA FACER O NOSO MURAL DOS MEDIOS DE TRANSPORTE E COMUNICACIÓN!
Onte celebramos o Día da Non Violencia e da Paz con diferentes actividades:
MURAIS POLA PAZ
ACROSPORT
Canción de Coldplay: Everyday life
https://drive.google.com/file/d/13q8PibdtWLpVC5vrVBhEwG0XgbtESySP/view?usp=sharing















