twitter
rss



Hoxe mércores 15 de maio de 2019 os nenos e nenas do Ceip de Merza foron coas súas mestras ata A Coruña para realizar diversas actividades.


Primeiro fixemos unha visita moi interesante ao Aquarium Finisterrae.




Nada mais entrar no acuario tivemos a sorte de chegar á hora de alimentar as focas do recinto e saímos ao exterior para velo.













A continuación baixamos ata a Sala Nautilus, que sería como estar a bordo deste "mirador subterráneo"

 E para iso descendimos á parte inferior do recinto...










 Logo voltamos ás salas superiores do edificio para aprezar belezas como estas...







E á saída do Aquarium Finisterrae puxemos rumbo ata o pé do Monte de San Pedro, onde tivemos a mala sorte de non poder subir no elevador, por estar hoxe pechado...





Total que subimos en bus ata o Mirador do Monte de San Pedro onde tras a comida os rapaces e rapazas disfrutaron dun grande labirinto vexetal e dun parque infantil.





Fotos cos cañóns do mirador...





E xa para despedirnos da cidade que mellor que acercarnos ata a Torre de Hércules.





E de volta para Merza... un día completo !!!



O pasado martes 23 de abril (Día do Libro) os nenos e nenas do Colegio de Merza visitaron a base de extinción de incendios situada no Campillo (Pontevedra).



Alí estaban agardándonos varios dos bombeiros e o propio piloto do helicóptero para ensinarnos o interior do mesmo!



Fixemos dous grupos de 9 alumnos/as e subimos ao helicóptero para sentirnos auténticos bombeiros!











E como xa eran horas e os técnicos prestáronnos o seu propio comedor, dispuxémonos a xantar! Bo proveito!








E xa por último, e aproveitando que saía o sol, que mellor que un bo paseo polo centro da vila de Pontevedra, onde vimos a Igrexa da Peregrina e ao Loro Ravachol!







Ata a próxima saída !!