twitter
rss

 
 O pasado mércores, 30 de maio de 2018, o Ceip de Merza realizou a súa saída de fin de curso ao Ecoparque Multiaventura de Marín.

Alí estivemos facendo diversas actividades, como as seguintes:


BAUTISMO HIPICO: PASEO E ASEO DOS CABALOS

Primeiro tivemos unha pequena charla introductoria e didáctica, á cal estivemos todos moi atentos..


E logo xa puidemos montar a cabalo! Mellor dito, a égua!














                                             Álex lémbrame a un dos seus ídolos...

  



















 








































 CIRCUITOS ARBÓREOS E TIROLINAS

E tras comer e descansar un pouco tivemos a sesión de circuitos arbóreos e tirolinas. Os máis pequenos do cole estiveron entretidos con outros xogos e tamén os pintaron de indios!



Antes de nada unha boa explicación inicial sobre o uso do arnés, do búho e dos ganchos de seguridade. Aprendimos como engancharnos, como desengancharnos, como deslizarnos...etc.

E xa aprendidos, puxémonos mans á obra!































Pasámolo de medo, estivemos a voar coas tirolinas pero ao chegar ao bus.... ZzZzZzZz... caímos rendidiños! Tschhhhhh! A descansar!

Hoxe os nenos e nenas de Infantil e 2º e 3º de Educación Primaria quérenvos deleitar cunha bonita canción titulada "O barquiño pequechiño".



Un forte aplauso para eles!!!


O alumnado de infantil, durante estes últimos meses, estivo aprendendo moitas palabras en lingua de signos, e como traballamos o "universo" na aula quixemos signar unha canción relacionada con el.  

 

Os nosos rapaces de 6º de Educación Primaria están a tratar na aula de Ciencias Sociais o tema da Historia de España no século XIX, polo que decidimos que o mellor para aprendela é facendo con ela unha especie de representación teatral. E aquí a tendes...

A disfrutar !!!


Lorena e Iago
6º E.Primaria
Ceip de Merza
_____________


Resultado de imagen de dia do libro 

O día do libro os alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria organizaron unha sesión de contacontos para todos os demáis cursos... e o resultado foi  fabuloso! Comprobádeo por vós mesmos!

 





o trimestre pasado comezamos a experimentar cos xornais, aquí vos deixamos unha mostra do noso primeiro traballo, continuará...


Non vos esquezades de activar o visor Flash no voso navegador.




REVISTA Nº1 CEIP DE MERZA