twitter
rss



Empezamos o outono pintando unhas árbores moi especiais, pois para debuxar o tronco os nenos /as empregaron as súas mans. Ademais, a follaxe está  feita con témpera estampada con cortizas de botellas traídas da casa.

Na aula de Educación Infantil rematamos o proxecto "Así Nacín", no cal aprendimos un motón sobre o nacemento dos bebés.

Rematamos o proxecto cun dosier no cal recollemos toda a información traballada durane o mes de setembro e un mual ...

O mural dos trillizos...






Comezamos este novo curso con moitas forzas e alegría!!!

A aula de infantil da a benvida ao novo curso con unhas compañeiras, Pepita e Manolita...


Dúas tartarugas moi simpáticas e xoguetonas. 

 
 














 Coidarémolas con moito cariño!!!








Para inaugurar as nosas clases de Plástica os alumnos de 2º e 3º atrevémonos cun marcapáxinas monstruoso feito con diversos materiais como cartolina ou gomaeva. Seguro que lle sacamos moito partido para as nosas lecturas!


Nada mellor ca unha homenaxe aos Beatles para despedir o curso 2016/2017. E, de paso recordamos que a música é un recurso ideal para aprender inglés. Happy holidays!


Hoxe celebramos por adiantado o aniversario de Senén e Antón.

MOITOS PARABÉNS!







Tras varios días de ensaios e probas, os rapaces de 4º, 5º e 6º por fin gravaron os seus propios playbacks!

Nun primero momento gravaron na aula de música a canción que cada un tiña escollida e logo no patio / ximnasio gravaron os seus propios vídeos musicais.

As cancións escollidas foron as seguintes:

MARÍA E LEONOR: DESPACITO


ALBERTO: DUELE EL CORAZÓN



LORENA: SÚBEME LA RADIO



 CRISTINA: LA BICICLETA



TERESA: PARAÍSO



UXÍA: SINGLE LADIES



PABLO: OSITO GOMINOLA




Noraboa, artistas!!