Hoxe chegounos a todos un agasallo moi especial... 4 paláns e 4 billardas ou estornelas feitas en madeira de castaño. Grazas ó pai da nosa compañeira Teresa( Miguel Goris) por tan excelente traballo.Moitas grazas de parte de todo alumnado e mestres. Hoxe tivemos a oportunidade de probalas estornelas tal e como se facían antigamente. Agora so queda que disfrutedes con este e outros xogos populares que vamos a practicar... Aqui podemos ver unhas fotos do fabuloso material! ¡¡...
A continuacion fomos facendo unha pequena ruta polo paseo marítimo que une Vilagarcía con Carril, onde fixemos unha "parada técnica" para pegarnos un baño no mar... mmmmmmmmmm
E logo directos ao parque / pinar para comer á sombra e logo disfrutar dos columpios, da tirolina...e dos xeados pasárono bomba!
Como actividade para a materia de plástica realizamos unhas gafas 3d caseiras que puidemos probar na clase. Aí van algunhas fotos... Bo traballo rapaces!!
Durante o curso fomos realizando varias iniciativas que levaban por obxectivo adquirir uns hábitos alimentarios saudables ( comendo froita variada) e mellorar en xeral a nosa saúde, contribuíndo a prevención da obesidade.
Como premio e polo bo traballo e compromiso coa alimentación saudable,durante toda a semana desfrutaremos e degustaremos froita nos recreos. Bo traballo rapaces!













