Hoxe celebramos cumpre de Teresa ( 10 anos). Cantámoslle e celebramos con Tere o seu aniversario. Parabéns! !

O 17 de maio celebramos en Galicia o Día das Letras Galegas. Na aula de Educación Infantil estivemos a traballar desde hai un tempo para coñecer tamén un pouco da nosa cultura. Situamos Merza no mapa de Galicia, falamos da comida típica, os traxes e instrumentos tradicionais. Ademais coñecemos a Carlos Casares e a súa obra "A Galiña Azul". Aquí vos deixamos algunhas das nosas fotos.
Hoxe día 10 de maio o noso compañeiro Pablo cumpriu 10 anos.
Todos xuntos celebramos con él o seu cumpre!! Ao día seguinte os seus compañeiros/as e amigos/as de clase entregámoslle uns agasallos feitos con todo o noso cariño!!! Parabéns Pablo, que desfrutes do día!!
Hoxe o alumnado de 4°, 5 °e 6° de primaria realizamos unha manualidade para celebrar o día da nai. Un agasallo para as nais que nos axudan moito todos os días. Vexamos o resultado do voso traballo:












































