twitter
rss

Hoxe puidemos comprobar que as cousas grandes están feitas de outras moi pequenas, que a simple vista non se ven pero coa axuda do microscopio puidemos velas  con claridade . Puidemos comprobar de xeito visual a diferencia entre as rochas e os minerais!!!! Ahí van algunhas fotiños!!!!




 
 

 

Bo traballo rapaces / as!!!!!

Unha das moitas actividades que realizamos foi que cada neno/a tiña que regalarlle a outro un libro que xa lera hai tempo e que lle gustase. Algún deles ata foi con dedicatoria...
MOI BEN RAPACES!!!! Podedes ver algunhas das  entregas nas seguintes fotos...







................................

O pasado 23 de abril celebramos o DÍA DO LIBRO e na aula de Educación Infantil decidimos crear unha versión do noso conto favorito: A SOPA QUEIMA. 





Tamén nos contamos uns aos outros o conto no recuncho da biblioteca. 



Decidimos facer os nosos propios marcapáxinas de animais.



E aquí estamos moi contentos co conto rematado!





Para celebrar tamén o DÍA DO LIBRO, todos os cursos estivemos acumulando puntos ao traer froita para a merenda de media mañá. Cos puntos conseguidos levamos libros e contos moi interesantes para a casa. 


QUE BO AGASALLO!





Hoxe fixemos varios experimentos para trababllar de xeito practico as diferentes propiedades dos materiais da vida cotiá.  Aquí van os que fixemos coa propiedade da FLOTACIÓN!!!!!
Bo traballo rapaces!!!




Hoxe realizamos algúns traballiños de inicio con noticias que saen nos xornais ( na semana da prensa traballaremos máis intensamente).
O alumnado debía de falarnos dunha noticia que escolleu ó chou de varias propostas. Tería que porlle un titular a imaxe, subtitular, explicar de que iba esa noticia e unha breve opinión persoal sobre a mesma, ... Éstes son os vosos traballos!!!!!  A seguir así!!!!






Ao longo do mes de marzo en Educación Infantil coñecemos o corpo humano. Realizamos moitas actividades diferentes: aprendemos a diferenciar as partes do noso corpo, a describirnos a nós mesmos e aos compañeiros, a importancia de manternos fortes e saudables e coñecemos o nome dalgún dos nosos ósos, entre outras. 

Queredes ver algunhas das fotos da nosa experiencia? 









Aprendemos a colocar as partes da cara correctamente. Pegamos e despegamos as veces que queiramos gracias ao velcro. 



Debuxamos a silueta do compañeiro en láminas de cartón. 




Recortamos e pintamos a nosa silueta. 




Escribimos as principais partes do corpo en pequenos papeliños. 




Pegamos cada un os nosos papeis coas partes do corpo na nosa silueta. 





 




Tamén coñecemos o traballo dos médicos que nos tratan: pediatra e dentista. Creamos un estetoscopio e transformámonos en pediatras por un día. Medimos aos nosos compañeiros, escoitamos o seu latexo e anotamos os resultados. 





Aquí estamos coñecendo os principais ósos do noso corpo. Sinalamos para que os compañeiros nos digan cales son, a ver se acertan! 




Todas estas actividades e algunha máis van recollidas no noso libro das partes do corpo que levamos para a casa. 

Xa estamos pensando na seguinte aventura! 

Celebramos o día do pai con unha serie de traballiños que fixemos en plástica con moito agarimo.
Como nos sobrou un pouco de material decidimos facerlle un agasallo as profes do cole ( Encantaronlle os agasallos!!!) Ahí van algunhas fotiños...



...................................................................................................................................................................

























QUEDÁRONVOS XENIAIS!!!! BO TRABALLO RAPACES!!!!