twitter
rss

O 24 de Febreiro fomos  de visita ó colexio de Bandeira xunto con outros centros da zona ( onde nos recibiron fenomenalmente) e onde puidemos escoitar varios atranques e vivas  dos futuros Xenerais e Xeneralas da Ulla que traballaron a reo para que nos puideramos desfrutar dun traballo excelente. Encantounos moito rapaces!!!!! Noraboa!!!!
Aquí van uns videos da visita e despois os atranques que por parellas  fixemos no cole durante a clase de Lingua Galega:


Atranques do alumnado  do CEIP DE MERZA (Homenaxe a Rosalía )





 NORABOA RAPACES !!!! A SEGUIR ASÍ!!!! MOI BO TRABALLO.


OBRADOIRO DE SAN VALENTÍN: Traballamos a importancia de querer e respectar aos amigos e á familia. Fixemos anacos de papel, pintamos con pintura de dedos e con diferentes ceras. 










OBRADOIRO DE ENTROIDO: Pintamos, picamos e pegamos. Encantounos ser piratas por un día!



PASÁMOLO EN GRANDE!

Aqui van algúns vídeos dos " Mannequín Challenge" que fixemos na clase de ECUCACIÓN FÍSICA.
Esperamos que vos gusten!!!!!




MANNEQUÍN CHALLENGE (INFANTIL,1º,2º E 3º)


MANNEQUÍN CHALLENGE (4º, 5º E 6º)

O PRIMEIRO ENSAIO NA AULA...

 Agora que xa sabemos que non é tan fácil como parece poñémonos mans a obra!!!!!



Agora  con maior duración e aguantando....


NORABOA RAPACES, XA SABEDES QUE EN MERZA ESTADES A ÚLTIMA!!!!!!


Os alumnos/as de 4º, 5º e 6º realizaron un pequeno proxecto relacionados cos xogos e deportes, buscando similitudes e diferenzas máis básicas. Algúns deles traballaremolos na clase de E.F.
Unha vez feito o traballo de busca de información e indagación, realizaron unha breve exposición ós seus compañeiros (Comprensión lectora, oral, perda de medo escénico, desinhibición,...

Aquí van algunhas das vosas exposicións. GRAN TRABALLO RAPACES!!!!!
 LEONOR (INTERCROSSE)


 LORENA ( DEPORTE TRADICIONAL DE RUMANÍA: OINA)

 TERESA (KINBALL)
 
 

PABLO ( BOLOS CELTAS)

 UXÍA (COLPBOL)

CRISTINA (BILLARDA/ ESTORNELA)

                                                  MOI BO TRABALLO RAPACES!!!!!!


ENTROIDO 2017 NO CEIP DE MERZA


Este ano eleximos o disfrace de Soldadiño de chumbo para todo o colexio e podedes ver nestas fotos que guapos que estabamos todos.



Na clase de Plástica os nenos de 1º, 2º e 3º de Primaria elaboraron unhas bonitas pancartas para abrir o desfile...










Fixemos un pequeno desfile polas rúas de Merza e rematamos facendo a tradicional foto de grupo no palco da música. 




 








 E xa para rematar, unha merenda de entroido con música-baile para grandes e pequenos. 




Grazas a todos pola vosa colaboración!

Despois de participar e realizar un bo traballo no  II CERTAME  DE NADAL "OS LEGUMES" que convocaba o Museo de Historia Natural de Santiago. hoxe fixemos no cole a entrega de diplomas aos participantes...



NORABOA RAPACES!!!!!


Moi bo traballo rapaces. Hoxe rematamos co puzle do corpo humano, con esforzo  e traballo en equipo conseguístelo... NORABOA!!!!!!